Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Praia da Campa

Paseos pola praia

Imaxe
Dar un paseo pola praia á primeira hora, cando case está baleira, é un pracer. Vivir preto da praia, de Seselle neste caso, facilítao. Os pequenos praceres que nos fan felices. Non vai ser todo recorrer Galicia !

Praia de Seselle en febreiro

Imaxe
Aínda que está moi preto da casa, a beleza da praia de Seselle segue impactándome. Estes paseos de inverno pola praia solitaria enchen de calma o espíritu e son unha fonte de saúde tanto física coma mental. Hai que disfrutalos!

Mañá de novembro en Seselle

Imaxe
Novembro está sendo un mes de alertas por ventos e choivas, pero sempre hai calmas entre os frentes que deixan disfrutar dos paseos. Onte tocou ao lado da casa, na praia de Seselle . Os ceos están espectaculares tanto de día cunha luz fermosísima, coma nas noites con auroras boreais ou nos sorprendentes solpores pintados de cálidas e brillantes cores. Afortunados de vivir nun paraíso!

Praia Seselle-O Raso

Imaxe
Cargar pilas cun paseo pola praia é estupendo. Si vives preto dunha, calquera momento é bo para achegarte a ela. O extenso areal da praia de Seselle-O Raso , é un paraíso para camiñantes, corredores ou simplemente paseantes. Ata aos parruliños lles gusta!

A praia de Seselle en febreiro

Imaxe
Un paseo mañaneiro, o sábado pasado, pola praia de Seselle pode resultar un deses magníficos agasallos que podemos facernos a nós mesmos: bo para a saúde tanto física coma mental, gratis e polo tanto bo para loitar contra o consumismo, bo para desconectar das redes e usar o teléfono so para facer fotos, bo para disfrutar das pequenas cousas e da vida sinxela, bo para esquecer as malas novas que parecen ameazar o mundo, ...

Na praia de Seselle

Imaxe
Un paseo matutino pola praia de Seselle é un bo agasallo de Reis . Entre chuvasco e chuvasco, aproveitamos para disfrutar deste paseo na praia solitaria a esta hora temperá da mañá. Unha gozada; volta un á casa coas pilas cargadas.

Néboa na praia

Imaxe
Nun serán neboento de agosto a praia de Seselle é un fermoso marco para un paseo pola beiramar. A temperatura e a atmosfera que produce a néboa semella unha cápsula protectora e un tanto irreal baixo a que os nosos pasos vanse acompasando co son das ondas. Un pracer no paraíso!