Despedindo o inverno no Belelle
Esta pequena camiñata a carón do Belelle , dende Cabalar ata Formariz (dentro do concello da Capela), facémola con certa frecuencia. Está dentro da GR55 , que é un dos largos recorridos que vai dende Betanzos ata S. André de Teixido. Coñecida tamén coma o Camiño do Medievo ou Ruta dos Castelos e Mosteiros , nos seus case 100km. recorre lugares ben interesantes do interior da provincia da Coruña. O bosque en inverno mostra as pegadas dos temporais e das medras do caudal do río: árbores caídas, ramallada arrastrada pola corriente, arbustos deitados,...As árbores caducifolias aínda sin follas, somentes os acivros, loureiros e algúns máis teñen follas. Á beira do camiño moitos diminutos narcisos silvestres poñen notas de cor entre a herba e o musgo. O silencio do bosque é interrumpido nalgúns lugares pola corriente do río, polo batido de ás ou o graznido dalgunha ave, por algún refacho de vento e pouco máis. E así chegamos ao tramo do río cuberto , onde o río se esconde baixo as...