Roteiro ó muiño do Barreiro
Este roteiro parte de Sta. María de Cabalar, na Capela, e vai preto do curso do Belelle arriba por un tramo da GR55- Ruta dos castelos e mosteiros. Está ben sinalada, pero desta vez, atopamos o camiño en mal estado en varios lugares, por mor dos traballos forestais.
Pasada a segunda ponte atopamos o muiño, ben grande e en bo estado de conservación.
Seguimos a ruta, camiño arriba, ata a seguinte ponte sobre o Belelle.
O camiño vai en paralelo á canle do muiño e no verán dá gusto facer o regreso ata o muiño seguíndoa, para poder observar de cerca o cauce cheo de penedos que atravesa este río.
Camiñata curta, pero ben fermosa na que disfrutamos da beleza das fragas e do río.
Comentarios
Publicar un comentario