Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Arquitectura popular

Recunchos

Imaxe
Mirar ao noso arredor e descubrir recunchos máxicos e fermosos, lugares que enchen de paz o espíritu e que convidan a quedar neles, sitios que nos abraian e que nos deixan sen palabras,...en Galicia hai moitos. Unha sinxela ponte medieval sobre un rego pode ser ese recuncho. En Monfero , sobre o Rego dos Curros no lugar onde desemboca no Río Frai Bermuz , atópase este recuncho de gran beleza. Para disfrute dos sentidos!

Sta María da Balsa

Imaxe
En plena serra do Xistral , preto do nacemento dos ríos Landro e Eume está a igrexa de Sta. María da Balsa , parroquia do mesmo nome do concello de Muras . Exemplo de igrexa románica (XII-XIII) do rural galego, pero con moitos añadidos doutra épocas: fachada, pórtico e capela maior no século XVII e a espadaña no XVIII. A porta lateral, no interior ten arco oxival e no exterior pódese ler que foi igrexa de refuxio. Aínda que a descubrimos hai xa uns anos, gústanos visitala de cando en vez para ver o seu estado e disfrutar da beleza do entorno.

Os nosos hórreos

Imaxe
O goberno acaba de declarar os hórreos do norte de España como Patrimonio Cultural Inmaterial . Estas construcións da arquitectura popular son un dos vínculos que achegan o pasado ao presente. En Galicia hai máis de 100.000 en diferentes estados de conservación. Para moitos, esta declaración chega tarde; para outros aínda estamos a tempo de recuperalos. Pequenas xoias da arquitectura popular que atopamos en calquera recuncho da nosa terra.

Castiñeiros

Imaxe
A arquitectura popular é unha das miñas debilidades e a súa integración no entorno penso que é primordial. Canta beleza pode gañar unha costrución moi sinxela co aporte dun entorno natural acorde con ela. Esta fermosura de casa non sería o mesmo sen ese magnífico castiñeiro que a acompaña e protexe. Nas aldeas galegas, rara era a casa que non tiña na horta algún castiñeiro para surtir á familia de castañas, ou rara era a casa na que non había mobles desta madeira. Na nosa comunidade temos exemplares ben antigos destas árbores e as súas cañotas dan fé da importancia que tiñan para nós e da protección que lles debemos.

Muiño da Ponte do Norte

Imaxe
A carón do río Grande está este fermoso muiño da Ponte do Norte , no concello de Moeche . O toelo ou pedra de Moeche ( serpentinita ) luce e adorna o edificio do muiño e a vivenda adosada. Beleza da arquitectura popular!

Os nosos muiños

Imaxe
Nesta terra do norte de Galicia , achegándote a un curso de auga, aínda que sexa pequeno, atoparás un muiño (polo menos). No país dos milleiros de ríos e regos, lóxicamente non poden faltar os milleiros de muiños ao seu carón, esperando as súas augas para lembrar cal era a súa función. A maioría deles esmorecendo entre fietos e hedras, soñando con tempos pasados, cando os veciños facían as muiñadas e as risas e cantigas dun pobo enchían os seus días. Dá magoa ver estes tesouros neste estado de abandono. Coa chegada do outono parecen estar máis sós. (Muiño de Vilariño- A Capela).