Os nosos muiños

Nesta terra do norte de Galicia, achegándote a un curso de auga, aínda que sexa pequeno, atoparás un muiño (polo menos). No país dos milleiros de ríos e regos, lóxicamente non poden faltar os milleiros de muiños ao seu carón, esperando as súas augas para lembrar cal era a súa función. A maioría deles esmorecendo entre fietos e hedras, soñando con tempos pasados, cando os veciños facían as muiñadas e as risas e cantigas dun pobo enchían os seus días.
Dá magoa ver estes tesouros neste estado de abandono. Coa chegada do outono parecen estar máis sós. (Muiño de Vilariño- A Capela).

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Praia Pequena de Chanteiro

O mar de Loiba

A Campa

Paseo pola praia

Praia de Chanteiro

Pola costa de Ares

O bosque fósil de Seselle

Recunchos

A escola de Seselle

Miradoiro de Augas Caídas