Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2023

Solpor en Coitelada

Imaxe
Onte, 28 de xuño, en Galicia tivemos o solpor máis tardío de todo o ano : ás 22:20. Según a explicación do físico e divulgador científico, Jorge Mira, as mañás levan perdendo luz dende unha semana antes do solsticio, dende o 14 ou 15 de xuño comezaron a ser máis curtas; en cambio unha semana despois, o 28 de xuño, foi a tarde máis longa no terzo norte peninsular. A partir de agora, apenas notaremos cambios polas tardes, e seguiremos con solpores propios do verán. Para disfrutar dese solpor, fomos ata Coitelada , e por mor dunhas nubes, perdemos de vista o sol 10 minutos antes. De todas maneiras, disfrutar do solpor en Coitelada é unha marabilla. (O mellor lugar do noso concello para velo).

O Mourón

Imaxe
O illote do Mourón limita a enseada de Ares que dende a Punta do Castelo ata O Mourón forma ese arco perfecto de case 3Km de lonxitude con praias e calas de gran beleza. Este illote, remate da Punta Mourón, ten un pequeno itsmo que con marea baixa permite acceder a el. Nesta punta está o castro de Punta Mourón do s.II a.C. cuberto de maleza e dun pequeno bosque. A península na que se asenta aparece defendida polos cantís de máis de 20m de altura e no itsmo por unha segunda defensa. O nome do Mourón , pode ter relación co Mouro , ese ser da mitoloxía galega que habitou os monumentos antigos, ocultando neles as súas riquezas. Moi preto do Mourón , na Punta de Agra , según a lenda estaba a cova do tesouro. Mitos e lendas en Galicia son moi abundantes. Na mesma enseada estaba o castro do Alto da Pena , no que tamén houbo séculos despois un muiño de vento, ambos desaparecidos. No concello de Ares , houbo moitos castros, algúns desaparecidos e outros esquecidos que indican que f

Cala Sonreiras

Imaxe
A Coruña , cos seus 956 km. de costa, é a provincia española que ten máis km. costeiros. Xa que logo, non é de extrañar o gran número e a variedade de praias e paisaxes costeiras que ofrece: areais de km de lonxitude, sistemas dunares, marismas e xunqueiras, praias pequenas, cantís impresionantes, calas, etc. A cala de Sonreiras en Cedeira , é unha desas calas paradisíacas que namoran. Non é preciso dicir nada máis. Paraísos!

Torre de Silán

Imaxe
Hai uns días, polas terras de Viveiró , no concello de Muras , atopamos esta casa na parroquia de Silán . Varios detalles indicaban a súa antigüidade e paramos ao seu carón para observala e facerlle unhas fotos. Despois de buscar información na rede , resulta que é o que queda da torre de Silán , datada entre finais do XIII- principios do XIV. Perdeu a súa forma primitiva e foi adaptada coma casa de labranza conservádose só a parte inferior da torre á que lle engadiron un anexo. O escudo que está na casa lindeira, estaría anteriormente na torre, xa que era máis alta (posiblemente dúas plantas máis). Pertencía a Constanza de Castro, filla do Mariscal Pardo de Cela e casada con Rui Díaz de Andrade. Nesta parroquia xa nos chamara a atención noutra ocasión a igrexa, o cruceiro e o cemiterio que están arredor dela e unha fermosa casa trala igrexa, nunha ubicación moi fermosa. Noutro país europeo, este edificio e o seu entorno estarían noutra situación ben distinta. Moito nos queda por mel

Lavadoiro de Seselle

Imaxe
As fontes e lavadoiros eran construcións fundamentais na vida cotiá ata hai unhas décadas. O lavadoiro público de Seselle , no Baixolo , donado por Gaspar Vizoso Cartelle no 1928, é unha testemuña dese pasado que aínda vive nos recordos de moitos de nós. Pasar ao seu carón sempre trae lembranzas da infancia. Por exemplo, lémbrome da Ratita; alcumada así, pero de nome Andrea. Sempre lle chamei señora Andrea. Era miuda, pequeneira, de rostro sucado por centos de enrugas e unhas mans inflamadas, de pel gastada e esbrancuxada de tanto lavar. De oficio lavandeira, canto frío debía pasar a pobre! Sempre cunha pinga a punto de caer do seu afiado nariz. Recórdoa pola estrada, vindo dende Ares, coa súa pesada carretilla de madeira cargada coa tina, a roupa e demais cousas precisas. Lavaba no río de Lero, non neste do Baixolo, e alí botaba horas antes de voltar a Ares. De moi pequena, eu tíñalle certo medo porque era malencarada e de xenio vivo. Logo comprendín que esa expresión era o reflexo

Miradoiro da Bailadora

Imaxe
En Montefaro , no concello de Ares , a carón da antiga batería antiaérea, está o miradoiro da Bailadora que nos ofrece unhas espectaculares vistas da ría de Ferrol , cos castelos da súa entrada, Brión e S. Felipe, Mugardos , Fene ,... da ría de Ares con Breamo destacando, e en días de boa visibilidade a Torre de Hércules e as Sisargas alá ao fondo. As ruinas da batería costeira seguen esperando esa posta en valor que merecen e que parece máis próxima según os plans da Deputación. Construida según o plan de artillado de 1897 para a defensa de Ferrol e o Golfo Ártabro, forma parte do extenso sistema defensivo de Ferrolterra, con castelos, túneles, etc. Coincidimos aquí cunha parella portuguesa e pensei no coidado que teñen no país veciño con todo o seu patrimonio. Sentín envexa da boa, chea de admiración polo que fan para manter e conservar en bo estado a herdanza dos devanceiros.

Miradoiro de Chao do Monte

Imaxe
Na Serra da Capelada , na estrada de Cedeira a S. André de Teixido , é o primeiro miradoiro que atopamos, a unha altura de 360m. sobre o nivel do mar. As vistas dende aquí son espectaculares, e a parada obrigatoria. Podemos observar o centro de peregrinaxe máis antigo de Galicia e do norte peninsular: " Santo André de Teixido , vai de morto quen non foi de vivo". E alá ao fondo, chamando poderosamente a atención, os cantís de Vixía Herbeira , que cunha altura de 620m son os máis altos da Europa continental. Se consideramos tamén o territorio insular, estaría en 4ª lugar, por detrás de dous cantís nas illas Feroe e outro en Irlanda. Dende aquí hai unha ruta de miradoiros que nos levará ata Cariño : Chao do Monte, Cortes, Carrís, Cruceiro de Teixidelo, Vixía Herbeira,... Paisaxe para disfrutar!

Encoro do Eume en xuño.

Imaxe
Achegarse ata o encoro do Eume a mediados de xuño e atopalo así de cheo é unha marabilla. Contemplar dende el o canón do Eume , aínda que non sexa a primeira vez, é abraiante. Si ademais vemos un pequeno rabaño de cabras montesas, a visita resulta sorprendente.