Miradoiro de Chao do Monte

Na Serra da Capelada, na estrada de Cedeira a S. André de Teixido, é o primeiro miradoiro que atopamos, a unha altura de 360m. sobre o nivel do mar. As vistas dende aquí son espectaculares, e a parada obrigatoria. Podemos observar o centro de peregrinaxe máis antigo de Galicia e do norte peninsular: "Santo André de Teixido, vai de morto quen non foi de vivo".
E alá ao fondo, chamando poderosamente a atención, os cantís de Vixía Herbeira, que cunha altura de 620m son os máis altos da Europa continental. Se consideramos tamén o territorio insular, estaría en 4ª lugar, por detrás de dous cantís nas illas Feroe e outro en Irlanda. Dende aquí hai unha ruta de miradoiros que nos levará ata Cariño: Chao do Monte, Cortes, Carrís, Cruceiro de Teixidelo, Vixía Herbeira,... Paisaxe para disfrutar!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Praia Pequena de Chanteiro

O mar de Loiba

A Campa

Praia de Chanteiro

Paseo pola praia

Pola costa de Ares

O bosque fósil de Seselle

Recunchos

A escola de Seselle

Praia do Raso