Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Lavadoiros

Lavadoiros

Imaxe
Á beira dun curso de auga, en Galicia , podemos atopar diversas construcións de arquitectura popular : muiños, batáns, lavadoiros, refuxios de pescadores,... Onte, a carón dun pequeno regato por terras de Mañón , este fermoso recuncho cun sinxelo lavadoiro chamou a nosa atención; un lavadoiro pode traer á nosa memoria un feixe de recordos de varias décadas atrás ( noutros lugares, noutros lavadoiros,...) Arquitectura popular , que forma parte da nosa historia individual e do noso patrimonio, que debemos mimar!

A escola de Seselle

Imaxe
En Galicia temos moi claro o importante papel que desempeñou a emigración no ámbito educativo e a contribución fundamental deste numeroso colectivo na creación da primeira rede escolar na nosa terra. No noso pequeno concello de Ares temos catro fermosos exemplos destas escolas : a Alianza Aresana de Instrucción fundada na Habana en 1904 e que inaugura a escola das Alianzas en Ares en 1908; a Agrupación Instructiva de Caamouco , fundada tamén na Habana no 1911 e que inaugura a escola da Tenencia no 1915; o Centro Instructivo, Recreativo e Social de Cervás na Habana e Estados Unidos que inaugura a súa escola no 1925 e por último, a Escola de Seselle , construida coa iniciativa privada dun único emigrante, Gaspar Vizoso Cartelle , e inaugurada no 1931. En Seselle ata o 1931, non houbo escola e a rapazada tiña que ir a Ares; posteriormente na casa dos Duráns, no Froés, deuse escola durante uns anos. A foto desa casa dos Duráns é posterior, da década dos 60, xa en moi mal estado....

Lavadoiro de Seselle

Imaxe
As fontes e lavadoiros eran construcións fundamentais na vida cotiá ata hai unhas décadas. O lavadoiro público de Seselle , no Baixolo , donado por Gaspar Vizoso Cartelle no 1928, é unha testemuña dese pasado que aínda vive nos recordos de moitos de nós. Pasar ao seu carón sempre trae lembranzas da infancia. Por exemplo, lémbrome da Ratita; alcumada así, pero de nome Andrea. Sempre lle chamei señora Andrea. Era miuda, pequeneira, de rostro sucado por centos de enrugas e unhas mans inflamadas, de pel gastada e esbrancuxada de tanto lavar. De oficio lavandeira, canto frío debía pasar a pobre! Sempre cunha pinga a punto de caer do seu afiado nariz. Recórdoa pola estrada, vindo dende Ares, coa súa pesada carretilla de madeira cargada coa tina, a roupa e demais cousas precisas. Lavaba no río de Lero, non neste do Baixolo, e alí botaba horas antes de voltar a Ares. De moi pequena, eu tíñalle certo medo porque era malencarada e de xenio vivo. Logo comprendín que esa expresión era o reflexo...