Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Faros

Cabo Ortegal

Imaxe
Sempre é unha boa idea achegarse a contemplar o Atlántico en cabo Ortegal . Dende a plataforma onde está o seu faro os elevados cantís e os Aguillóns chaman a atención. Este faro de cabo Ortegal podemos dicir que é "noviño", xa que se rematou no ano 1984. O Xeoparque Cabo Ortegal , conta con tantos atractivos que poderemos completar a visita cunha chea de posibilidades.

Estaca de Bares

Imaxe
Estaca de Bares , o punto máis setentrional da Península Ibérica , é considerado tamén o punto donde o océano Atlántico dá paso ao mar Cantábrico . Está 400km.máis ao norte ca New York , pero pola corriente cálida do Golfo , o clima é totalmente diferente. O faro de Estaca de Bares foi construido no ano 1850 e estaba servido por tres torreiros. Situado sobre un pequeno outeiro que se prolonga na chamada punta de Estaca de Bares parece o gardián dela. Con bo tempo é posible chegar ata a punda por un sendeiro que baixa dende o faro, e se temos sorte poderemos estar acompañados por un rabaño de cabras que comen a herba que aquí medra nesta e os mastíns que as gardan. A paisaxe é impresionante e resulta estremecedor imaxinala con temporal; o pasado novembro, coa borrasca Domingos , a boia de Estaca de Bares mediu unha onda de case 14m de altura, a maior rexistrada ata o de agora en España . A forza do mar batendo contra os cantís nun día tranquilo coma o de hoxe dá unha idea ...

Faro de Punta Roncadoira

Imaxe
O faro de Punta Roncadoira está na parroquia de Portocelo , no concello lugués de Xove . Comezou a funcionar no ano 1986 e serve de enlace entre o faro de S. Cibrao e o de Estaca de Bares , sinalando a entrada da ría de Viveiro . A unha altura de 94m. sobre o nivel do mar, é un observatorio de aves marinas magnífico ademais de ofrecer unhas vistas espectaculares da costa e do mar Cantábrico . A pouca distancia está o monte Castelo , curioso parque pétreo que cos seus 132m de altitude vainos ofrecer unha completa perspectiva desta zona da Mariña luguesa dende os dous miradoiros que ten no cume: o de Oriente e o de Poñente. Paraísos do norte de Galicia.

Prioriño Chico

Imaxe
Achegarse ata Prioriño Chico dende o alto do Pieiro é gozar dunhas incribles vistas das entradas ás rías de Ares e de Ferrol, Montefaro e Chanteiro, Cariño, A Marola e A Coruña coa Torre de Hércules,... O Golgo Ártabro móstranos toda a súa beleza tanto con bo tempo, coma en días borrascosos. Unha vez en Prioriño Chico temos o faro, as baterías, o mirador ornitolóxico, e por suposto o océano batendo contra as rochas, o seu cheiro, as embarcacións que pasan por diante deste cabo, ... tantas cousas para disfrutar. Calquera momento é bo para achegarse ata aquí e deixarse impactar polo entorno.

Praia de Nemiña

Imaxe
Nestes días chuviosos e grises apetece recordar unha escapada de verán. A praia de Nemiña, no concello de Muxía, está ao sur do cabo Touriñan. É un areal que se extende dende Nemiña ata a praia de Lires e que se atopa no chamado Camiño dos Faros. É unha praia paradisíaca, casi salvaxe e nada masificada, moi atractiva para os amantes de entornos virxes. No verán podemos ver bastante xente practicando surf e bodyboard, xa que hai escolas para aprender estes deportes.

Punta Nariga

Imaxe
En Malpica de Bergantiños, no lugar de Barizo está Punta Nariga. A finais do século pasado, o escultor César Portela deseñou este referente de integración da arquitectura na paisaxe, o faro máis novo de Galicia. Esta fermosura de faro semella un barco que navega no Atlántico e na proa, a modo de mascarón, a fermosa escultura de bronce Atlante, hoxe desaparecida, obra de Manolo Coia. O faro está ubicado no que podería ser un parque pétreo con curiosas formas zoomorfas que o complementan formando unha paraxe espectacular. Ao seu carón discorre a chamada Ruta dos Faros. Paraísos para visitar.