Punta Nariga
En Malpica de Bergantiños, no lugar de Barizo está Punta Nariga. A finais do século pasado, o escultor César Portela deseñou este referente de integración da arquitectura na paisaxe, o faro máis novo de Galicia.
Esta fermosura de faro semella un barco que navega no Atlántico e na proa, a modo de mascarón, a fermosa escultura de bronce Atlante, hoxe desaparecida, obra de Manolo Coia.
O faro está ubicado no que podería ser un parque pétreo con curiosas formas zoomorfas que o complementan formando unha paraxe espectacular.
Ao seu carón discorre a chamada Ruta dos Faros.
Paraísos para visitar.
Comentarios
Publicar un comentario