Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Península de Bezoucos

Na praia de Seselle

Imaxe
Un paseo matutino pola praia de Seselle é un bo agasallo de Reis . Entre chuvasco e chuvasco, aproveitamos para disfrutar deste paseo na praia solitaria a esta hora temperá da mañá. Unha gozada; volta un á casa coas pilas cargadas.

Recunchos de Mugardos

Imaxe
No veciño concello de Mugardos atopamos tan fermosos recunchos, que a lista sería moi longa. Poderiamos comezar observando a enseada do Baño e parte do concello dende Montefaro (A estrada que sube ao monte está nun estado pésimo de conservación, pero as vistas merecen a pena). Dende o lugar de A Redonda , San Felipe , ao outro lado da entrada da ría de Ferrol , chama a atención pola súa beleza. Está tan preto que poderiamos comezar unha conversa con alguén do outro lado. A Baliza do Castelo da Palma, é outro recuncho que hai que visitar; a carón do mar, a sensación é a de estar nunha embarcación no medio da ría: escoitar o chío das gaivotas, o bater do mar contra a pedra, o motor dalgunha embarcación,... E seguimos na pescuda de máis lugares por estradas menos coñecidas que parecen levarnos a lugares pouco frecuentados. Chegamos ata o parque de Roibeiras ; posiblemente o máis fermoso parque de Mugardos, nun entorno natural que convida a pasar moitos momentos de relax nel....

Ceo encapotado na praia de Coído

Imaxe
En setembro tamén pode haber días co ceo encapotado, orballentos, con temperatura moi agradable, que teñen unha atmosfera moi especial e que a min me encantan. Un paseo pola praia de Coído (Fene) , solitaria neste serán de finais de verán, resulta ben agradable. Cargando pilas!

O piñeiro solitario

Imaxe
Nas camiñatas polos arredores sempre atopo algo novo que me convida á contemplación: algún recuncho nos camiños, un cogumelo, algunha planta, unha bolboreta, un edificio en ruinas,... Onte foi este piñeiro solitario de gran porte no medio do campo, rodeado polo que parece un corro doutras árbores que semellan non querer achegarse. Unha paradiña a contemplalo, facerlle a foto e seguir a camiñata. Paraísos ao lado da casa!

Primavera

Imaxe
       ... Salid a encontrarla por esos caminos. ¡Va loca de soles y loca de trinos! Doña Primavera de aliento fecundo, se ríe de todas  las penas del mundo...       ...   Os versos de Gabriela Mistral que acuden á mente ante o espectáculo que nos brinda a natureza nun camiño de Seselle ...

Paseos pola contorna

Imaxe
Seguindo coas andainas, neste mes de abril atípico no meteorolóxico, onte fixemos unha das rutas de proximidade que máis nos gustan ( Alto da Pena - A Xunqueira - Pedrós - A Areosa e volta). Despois de atravesar A Xunqueira seguimos a estrada que leva a Pedrós . Uns centos de metros máis adiante seguimos polo camiño que hai a carón das pistas deportivas. Este camiño nos levará ata A Areosa , xa no concello de Mugardos ; cando empece o asfalto saberemos que deixamos Ares e entramos en Mugardos . Fermoso paseo!