Paseos pola contorna
Seguindo coas andainas, neste mes de abril atípico no meteorolóxico, onte fixemos unha das rutas de proximidade que máis nos gustan (Alto da Pena- A Xunqueira- Pedrós- A Areosa e volta).
Despois de atravesar A Xunqueira seguimos a estrada que leva a Pedrós. Uns centos de metros máis adiante seguimos polo camiño que hai a carón das pistas deportivas.
Este camiño nos levará ata A Areosa, xa no concello de Mugardos; cando empece o asfalto saberemos que deixamos Ares e entramos en Mugardos.
Fermoso paseo!
Comentarios
Publicar un comentario