Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2024

Fervenza e muiño de Vilariño

Imaxe
Preto do pequeno rueiro de Vilariño, no concello de A Capela , atopamos estes dous vellos amigos inseparables, a fervenza e o muiño , que parecen esperar que alguén pare un rato ao seu carón a disfrutar da beleza deste pequeno recuncho.    Nós cando pasamos por aquí, case sempre o facemos. Desta volta, rematando xaneiro, as árbores espidas, o chan alfombrado de follas, a luz dun serán de inverno,...beleza invernal que anuncia a voda dos paxariños . " A paisaxe é fermosa porque os ollos  poden atopar nela o seu lecer, porque a alma se pode misturar coas cousas  e o canto dun regueiro, o vento que zoa pódennos dicir mensaxes inefables, revelacións que non puidemos sospeitar"                            Manuel María Paraísos preto da casa!

Sta. Catarina de Montefaro

Imaxe
Hoxe toca un paseo arredor do Mosteiro de Sta. Catarina de Montefaro , na parroquia de Cervás , do concello de Ares . Según Benito Vicetto , neste lugar houbo un templo romano adicado ao sol (atopouse un disco solar e un muiño romano) sobre o que posteriormente, no s.XII o Conde de Traba construiu un cenobio e máis tarde transfórmase nun albergue templario, servindo de lugar de vixilancia e aviso das invasións por medio de fogueiras, de aí o nome do monte Montefaro . O mosteiro actual, é fundado no 1393 polo conde Fernán Pérez de Andrade , para os monxes da Orde Terceira Regular de S. Francisco, adicado a Sta. Catarina. No testamento do conde, asinado en S. Vicente de Caamouco,no 1397, dona ao mosteiro a ermida de Chanteiro, a vila de Mugardos, os cotos de Miño e Bemantes, o portazgo de Pontedeume e os dereitos do hospital e a capela da ponte sobre o Eume. Durante séculos seguirá aumentando o seu patrimonio con posesións en Chanteiro, Ares, Neda, Pontedeume, Cabanas, Ferrol e A

A Praia Pequena en xaneiro

Imaxe
Cunha sucesión de borrascas afectando a todo o país, e a borrasca Juan traendo moita chuvia e neve, estas imaxes do paseo do serán de onte atestiguan que non é preciso buscar destinos paradisíacos noutros lugares afastados. O paraíso está aquí, na casa. Despois do paseo ata O Segaño polo camiño de Salgueiras , baixar ata a cala da Praia Pequena de Chanteiro coa marea baixa é o colofón desta tarde de xaneiro. O mar acariciando a area, o sol xogando coas nubes e quentando o ambiente, as rochas do cantil figurando esculturas pétreas, a ausencia de ruidos, un pescador alá ao lonxe,...PAZ! Ares é un paraíso!

Santa Olalla de Lubre

Imaxe
Seguindo a ruta do Románico no Golfo Ártabro , achegámonos a unha das xoias do concello de Ares , a igrexa de Sta. Olalla de Lubre , que aínda que conserva moi pouco do templo románico orixinal é un exemplo moi raro da transición do estilo oxival ao renacentista que merece a visita. &nbsp O topónimo Lubre (bosque sagrado onde os druidas celebraban os seus cultos) remítenos á antigüidade prerromana e estando a pouco máis de cen metros do lugar onde se asentaba o castro de Agro do Castro , ese pasado está claro. E sabendo do costume cristián de erixir igrexas ou capelas en lugares sagrados para as relixións precristiáns, resulta lóxico pensar que a igrexa de Sta. Olalla ou Olaia de Lubre , teña unha antigüidade maior que a que indica o cartel colocado á entrada do adro. Aparece xa no ano 830 na relación de igrexas que o rei Afonso II mandoulle facer ao abade Tructinio e no s.XII cítase na Historia Compostelá . Trátase polo tanto dunha igrexa moi antiga, aínda que o edificio

Paseos de xaneiro

Imaxe
Xaneiro cos seus días curtos obríganos ás camiñatas pola contorna, que non por coñecida deixa de impactarnos coa súa beleza. Onte foi un paseo curto pola costa de Ares , saíndo dende a praia de A Barrosa e seguindo a ruta costeira. Verdadeiramente temos unha costa moi fermosa! Mires onde mires as vistas son espectaculares. A ruta é de baixa dificultade e moi tranquila. Camiñata para disfrutar con todos os sentidos!