Fervenza e muiño de Vilariño
Preto do pequeno rueiro de Vilariño, no concello de A Capela, atopamos estes dous vellos amigos inseparables, a fervenza e o muiño, que parecen esperar que alguén pare un rato ao seu carón a disfrutar da beleza deste pequeno recuncho.
Nós cando pasamos por aquí, case sempre o facemos. Desta volta, rematando xaneiro, as árbores espidas, o chan alfombrado de follas, a luz dun serán de inverno,...beleza invernal que anuncia a voda dos paxariños .
" A paisaxe é fermosa porque os ollos
poden atopar nela o seu lecer, porque
a alma se pode misturar coas cousas
e o canto dun regueiro, o vento que zoa
pódennos dicir mensaxes inefables,
revelacións que non puidemos sospeitar"
Manuel María
Paraísos preto da casa!
Comentarios
Publicar un comentario