O bosque fósil de Seselle

De cando en vez, cando hai mareas de temporal ou especialmente vivas, na praia de Seselle aparecen os restos dun bosque fósil, que foi un dos primeiros en descubrirse en Galicia, datado no Holoceno, periodo Subboreal. Nestes bosques, os restos de árbores petrificadas e fósiles de animais son testigos dun tempo no que a liña costeira estaba máis baixa cá actual. As datacións falan de entre 4000 e 7000 anos, cando o nivel do mar estaba entre 15 e 20m por debaixo do nivel de agora.
O depósito de Seselle ten unha extensión aproximada de 400m de longo por 30 de ancho cun espesor variable. É un sedimento turboso no que hai numerosos macrorrestos vexetais: anacos de madeia de gran tamaño de troncos e pólas, algún tocón en posición de vida, etc. "O medio sedimentario e paleoecolóxico representado en Seselle correspondería a unha lagoa litoral de auga doce, que se ve inundada polo mar hai 4000 anos. Sería fosilizada posteriormente por un cordón de dunas" según Santos Fidalgo e Vidal Romaní.
Tesouros que a praia de Seselle deixa ver ocasionalmente!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O mar de Loiba

Praia Pequena de Chanteiro

Praia de Chanteiro

A Campa

Recunchos

Praia do Raso

Pola costa de Ares

Miradoiro de Augas Caídas

Dende o parque do Petelo

A Redes por mar