Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Baños de bosque

Camiñando pola contorna

Imaxe
Coñecidos coma baños de bosque ou shinrinyoku eses paseos na natureza que fortalecen tanto a saúde física coma mental, son tendencia nas páxinas adicadas á saúde, xa que fortalecen o sistema inmunolóxico e reducen as emocións negativas, os niveis de ansiedade,... Nestes paseos polo bosque ou calquera outro espazo natural, non transitado, deixando de lado as présas, non hai que recorrer unha distancia determinada, nin tampouco realizar un determinado esforzo físico. Debe servir para desconectar das rutinas, dos hábitos pouco saudables do sedentarismo; procurando o silencio, sin máis estímulos cós da natureza. Na contorna de Seselle , polos camiños, carreiros, vieiros, corredoiras, congostras, corripas, outeiros,... practicámolos dende hai anos, sen saber que eran baños de bosque. Penso que á clase política do noso país, nestes momentos sentaríanlle moi ben estes paseos ( non terían porque ser na contorna de Seselle).

No Sesín

Imaxe
Onte, 22 de marzo, Día Mundial da Auga , demos un pequeno paseo polo Parque Etnográfico do río Sesín , na Capela . Fomos por Soaserra para fotografar o carballo centenario que hai no lugar de Os Duráns, agora que está espido e mostra o seu porte despexado de follas. O Parque Etnográfico do Sesín, coma xa indicamos noutra entrada, é unha senda de menos de 1km. que discorre a carón do río Sesín ou da Mazoca. É un eco-museo, no que a paisaxe, os elementos constructivos, as actividades tradicionais, etc. nos permiten coñecer un rico patrimonio eco-etnográfico que debemos preservar. O río neste tramo inicia a baixada impetuosa entre pozas e pequenas fervanzas buscando ao Eume . A fraga espida amosa os primeiros signos do renacer que trae a primavera. Con este baño de bosque un volta á casa coma novo. Paraísos!