Camiñando pola contorna

Coñecidos coma baños de bosque ou shinrinyoku eses paseos na natureza que fortalecen tanto a saúde física coma mental, son tendencia nas páxinas adicadas á saúde, xa que fortalecen o sistema inmunolóxico e reducen as emocións negativas, os niveis de ansiedade,... Nestes paseos polo bosque ou calquera outro espazo natural, non transitado, deixando de lado as présas, non hai que recorrer unha distancia determinada, nin tampouco realizar un determinado esforzo físico. Debe servir para desconectar das rutinas, dos hábitos pouco saudables do sedentarismo; procurando o silencio, sin máis estímulos cós da natureza. Na contorna de Seselle, polos camiños, carreiros, vieiros, corredoiras, congostras, corripas, outeiros,... practicámolos dende hai anos, sen saber que eran baños de bosque. Penso que á clase política do noso país, nestes momentos sentaríanlle moi ben estes paseos ( non terían porque ser na contorna de Seselle).

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Praia Pequena de Chanteiro

O mar de Loiba

Praia de Chanteiro

A Campa

Paseo pola praia

O bosque fósil de Seselle

Recunchos

Pola costa de Ares

A escola de Seselle

Área recreativa Muiño de Congostro