Miradoiro de Augas Caídas

Un dos moitos espazos naturais que hai que visitar no concello de Mañón, é este miradoiro coa súa fervanza. Está ao carón do regato Seixo, no punto que cae máis de 30m. na poza dos Bimbes, formando a fermosa fervenza de Augas Caídas, para levar a súa auga ao río Sor. É unha das fervenzas máis altas de Galicia, e dende este miradoiro hai unha baixada para poder observala en todo o seu esplendor.
Dende o miradoiro vemos coma o río baixa moi encaixonado entre os montes e fragas, facendo de límite entre os concellos de Mañón (A Coruña) e O Vicedo (Lugo).
Na área de descanso ademais de aparcadoiro hai zona con mesas e refuxio para poder pasar un tempo relaxándonos cos sons da fraga e, sobre todo da auga.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O mar de Loiba

Praia Pequena de Chanteiro

Praia de Chanteiro

A Campa

Recunchos

Praia do Raso

Pola costa de Ares

Dende o parque do Petelo

A Redes por mar