Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Muiños

Observatorio ornitolóxico de Estaca de Bares

Imaxe
O cabo de Estaca de Bares , o punto máis setentrional da Península Ibérica , é un dos mellores puntos de observación de aves de Europa. Milleiros de aves pasan por aquí nas súas rutas migratorias. Moi preto do faro, hai un pequeno observatorio ornitolóxico visitado por ornitólogos de todo o mundo. Depende do Servicio de Conservación da Natureza de A Coruña; é de uso público previa solicitude e poden pernoctar un máximo de 4 persoas. Todo un luxo para os afeccionados á ornitoloxía! Entre o observatorio e as ruinas da antiga base americana, baixando polo cantil ata case a ribeira, hai as ruinas de cinco muiños hidráulicos que aproveitaban a mesma corriente de auga para moer. Estas ruinas están pedindo a berros unha restauración!

Fervenza e muiño de Vilariño

Imaxe
Preto do pequeno rueiro de Vilariño, no concello de A Capela , atopamos estes dous vellos amigos inseparables, a fervenza e o muiño , que parecen esperar que alguén pare un rato ao seu carón a disfrutar da beleza deste pequeno recuncho.    Nós cando pasamos por aquí, case sempre o facemos. Desta volta, rematando xaneiro, as árbores espidas, o chan alfombrado de follas, a luz dun serán de inverno,...beleza invernal que anuncia a voda dos paxariños . " A paisaxe é fermosa porque os ollos  poden atopar nela o seu lecer, porque a alma se pode misturar coas cousas  e o canto dun regueiro, o vento que zoa pódennos dicir mensaxes inefables, revelacións que non puidemos sospeitar"                            Manuel María Paraísos preto da casa!

Outono no Muiño do Redondo

Imaxe
Os castiñeiros que protexen o muiño do Redondo , en Magalofes , xa ceibaron case todas as súas follas convertendo o chan nunha fermosa e mesta alfombra que amortigua os nosos pasos e nutre o chan. Fermosura de lugar para disfrutar da beleza que nos ofrece a Natureza, cos cambios de estacións, no pequeno souto a carón do muiño. Mirando as augas do pequeno regato lembro os versos de Manuel María: O muiño roula, roula. O muiño é roulador: ¡Volta as augas do regato en marmurio cantador! O muiño roula, roula, roula e non deixa de roular. ¡E coas augas do regato o rodicio fai cantar! (...) Que non nos rouben o outono! Hai que aproveitalo!

Recunchos

Imaxe
No apaixoante percorrido polo norte de Galicia atopamos recunchos de enorme beleza, que ás veces quedan sen publicar gardados nas carpetas das viaxes, merecedores dunha entrada propia por tratarse de pequenas xoias. Ás veces son casas, restauradas ou non, outras simples ruinas nas que buscar detalles das construcións tradicionais. Pode ser unha vella figueira nunha horta abandoada ou unha egua co seu poldro á beira do camiño. Poden ser uns hórreos, uns muiños, unha aldeíña... En calquera recuncho da nosa terra atopamos tesouros!