Outono no Muiño do Redondo

Os castiñeiros que protexen o muiño do Redondo, en Magalofes, xa ceibaron case todas as súas follas convertendo o chan nunha fermosa e mesta alfombra que amortigua os nosos pasos e nutre o chan.
Fermosura de lugar para disfrutar da beleza que nos ofrece a Natureza, cos cambios de estacións, no pequeno souto a carón do muiño. Mirando as augas do pequeno regato lembro os versos de Manuel María: O muiño roula, roula. O muiño é roulador: ¡Volta as augas do regato en marmurio cantador! O muiño roula, roula, roula e non deixa de roular. ¡E coas augas do regato o rodicio fai cantar! (...)
Que non nos rouben o outono! Hai que aproveitalo!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Praia Pequena de Chanteiro

O mar de Loiba

Praia de Chanteiro

A Campa

Paseo pola praia

O bosque fósil de Seselle

Recunchos

Pola costa de Ares

A escola de Seselle

Área recreativa Muiño de Congostro