Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2023

Horizontes montañosos

Imaxe
Vivir nun paraíso á beira do mar, cheo de paisaxes costeiras que quitan o sentido, non implica que, de cando en vez, sintamos necesidade de montaña, paisaxes con montes e profundos vales, ríos atravesando mestas fragas, estradas e pistas en zig-zag que nos levan a recunchos onde parece que se parou o tempo,... Cando ocorre isto, collemos o coche e subimos ata a Serra da Faladoira nos concellos de As Pontes , As Somozas , Mañón, Cerdido , ou un pouco máis lonxe na Gañidoira , polos concellos de Muras , Ourol ,... Nunhas horas, empapámonos de montes e vales, fragas e rueiros illados e, na maioría dos casos, abandonados, vistas espectaculares, calma e silencio,... Paraísos para descubrir!

Seselle e O Raso

Imaxe
Saír navegar, pola ría de Ares , con este tempo case veraniego nesta primavera cambiante, é un bo plan. Aínda que sexa un paseo curto, podemos sentir o vento, o son da embarcación ao surcar a auga, mirar as praias de Seselle e O Raso dende o mar e facerlles un montón de fotos, observar á xente disfrutando deste entorno, notar o calor do sol na pel...Pequenas cousas que proporcionan grandes momentos.

A carón do Lambre

Imaxe
A estas alturas da primavera unha gran parte de España sufre sequía, e en moitos lugares, esta xa é grave . Na nosa terra, no país dos mil ríos , milleiros de regos e regatos, somos ben afortunados con esta abundancia de auga, que tantas veces non respectamos e coidamos como debéramos. Isto pensaba onte, á beira do Lambre , no concello de Irixoa . Este río nace en Pena de Uz , moi preto de Pena Fesa , en Monfero . Nos seus 15 km. de percorrido pasa polos concellos de Irixoa , Vilarmaior , Paderne e Miño , onde desemboca na Ponte do Porco . Nesta pequena área de descanso, río arriba, hai os restos da ponte vella que cruzaba o río, as ruinas do que debeu ser un gran muiño e máis adiante a represa feita para canalizar a auga para este muiño. Mirar o río, e escoitar o relaxante son da auga mentras penso nas imaxes de sequía que nos transmiten nos informativos e lembro aqueles versos de Rosalía: "Adiós ríos, adiós fontes, adiós regatos pequenos,..." A auga é vida, é un

Ermida de S. Bartolomeu

Imaxe
A ermida de S. Bartolomeu , na parroquia de Queixeiro en Monfero ,en plenas Fragas do Eume , é unha desas pequenas xoias de arquitectura popular ou relixiosa que atopamos espalladas por todo o país. Situada no lugar de A Torre , ten a súa orixe no s.XV e ata ben pouco estaba en estado ruinoso. Grazas ao traballo dos veciños, no 2021 restaurouse e agora , dentro da súa humildade, loce esplendorosa. A visita pode completarse cunha das numerosas rutas das Fragas , a Senda da Pasada Vella , que nos levará ata o encoro do Eume . Paraísos!

Dende o mar

Imaxe
En abril, xa se sabe, augas mil; pero non todos os días chove. Cun tempo primaveral espléndido na pasada semana, dar un pequeno paseo en barco para contemplar a vila de Ares dende o mar foi moi bo plan. A enseada de Ares é unha verdadeira marabilla, con praias e calas de fina e branca area, un porto estupendo para os amantes da navegación, unha fachada marítima da vila ben fermosa, e unhas augas magníficas para practicar deportes náuticos. Paraísos para descubrir!

Ribeira de Punta Segaño

Imaxe
Achegarse ata a ribeira da Punta do Segaño é unha experiencia sensorial estupenda; limitarse a observar e sentir o olor do mar, as súas cores, a airexa marina na nosa pel, o sol, a inmensidade do océano,... Sentarse a ler, tomar unha merenda, meditar,... poden ser outras opcións. E si quedamos ata o solpor, para ver o sol esconderse polo horizonte, cunhas imaxes que poden ser espectaculares, xa é o summun. Paraísos!

Un millón de vacas

Imaxe
Esta estampa tan bucólica que atopamos en As Cortizas , rueiro da parroquia de Queixeiro en Monfero , lembroume o título da obra de Manuel Rivas "Un millón de vacas" . Igual que Dosinda muxía á súa vaca Mora, na miña infancia lembro á miña avoa Dolina muxindo á súa vaca e dándome a probar aquel leite morno e espumoso recién muxido. Aquelas vacas tan importantes para a economía das familias do rural, que daban leite, tiraban do carro ou do arado, ás que se lles vendían as crias para sacar algún carto,...Cantas vivencias poden suscitar unhas simples imaxes! Na actualidade xa non somos o país do millón de vacas. Mágoa!

Escalada en Coitelada

Imaxe
Cando imos de camiñata por Coitelada , non é raro que atopemos pequenos grupos de afeccionados á escalada na punta de Coitelada en Chanteiro . Nas rochas do cantil parece ser que teñen unhas estupendas paredes para practicar este deporte. Eu coas vistas do Golfo Ártabro confórmome.

Punta Avarenta

Imaxe
Contemplar a ría de Ares dende Punta Avarenta en Chanteiro é todo un espectáculo. Podemos facer a ruta do camiño costeiro que nos ofrece marabillosas vistas ou, se non dispoñemos de tempo, achegarnos co coche e disfrutar da beleza da entrada da ría.