A carón do Lambre

A estas alturas da primavera unha gran parte de España sufre sequía, e en moitos lugares, esta xa é grave . Na nosa terra, no país dos mil ríos, milleiros de regos e regatos, somos ben afortunados con esta abundancia de auga, que tantas veces non respectamos e coidamos como debéramos. Isto pensaba onte, á beira do Lambre, no concello de Irixoa . Este río nace en Pena de Uz, moi preto de Pena Fesa, en Monfero. Nos seus 15 km. de percorrido pasa polos concellos de Irixoa, Vilarmaior, Paderne e Miño, onde desemboca na Ponte do Porco.
Nesta pequena área de descanso, río arriba, hai os restos da ponte vella que cruzaba o río, as ruinas do que debeu ser un gran muiño e máis adiante a represa feita para canalizar a auga para este muiño. Mirar o río, e escoitar o relaxante son da auga mentras penso nas imaxes de sequía que nos transmiten nos informativos e lembro aqueles versos de Rosalía: "Adiós ríos, adiós fontes, adiós regatos pequenos,..."
A auga é vida, é un tesouro que temos a obriga de preservar!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O mar de Loiba

Praia Pequena de Chanteiro

Praia de Chanteiro

A Campa

Paseo pola praia

O bosque fósil de Seselle

Recunchos

Pola costa de Ares

A escola de Seselle

Área recreativa Muiño de Congostro