Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Redes

Na ría de Ares

Imaxe
A ría de Ares é magnífica para a navegación e por iso sempre se poden ver numerosas e variadas embarcacións surcando as súas augas. Moitos afeccionados á pesca, á navegación ou a outros deportes náuticos adoitan disfrutala en calquera época do ano. Dende Pontedeume ata Punta Coitelada , e máis alá, unha fermosa costa con pobos mariñeiros de película, fermosas praias, calas paradisíacas e cantís namoraranos á primeira ollada. Unha ría para disfrutar!

A Redes por mar

Imaxe
Unha das xoias do concello de Ares , sen dúbida, é o pobo de Redes . A fermosa vila mariñeira é un dos atractivos do norte de Galicia. Pasear polas súas rúas admirando a súa arquitectura indiana e mariñeira , baixar á súa praia ou á ribeira, achegarse ata a punta do castelo, perderse nos seus calexóns ou corredoiras, sentarse nas súas prazas, no peirao, escaleiras... e mergullarse na vida deste pobo é toda unha experiencia. Pero aquí fago outra proposta. Achegarse a Redes por mar, dende o porto de Ares, para ter outra perspectiva da vila. Pasar polas praias de Seselle e do Raso , ver de preto as illas do Mourón e A Cercada , as pequenas calas, a praia de Sabadelle , as puntas de Agra e Modias , os muros do Castelo e a franxa marítima de Redes en todo o seu esplendor. No verán, sobre todo en días festivos, a ría está moi concurrida e se nos achegamos a algunha das praias ou calas sorprenderanos a cantidade de embarcacións e de persoas que disfrutan deste entorno paradisíaco.

Redes - Cabanas

Imaxe
Iniciamos a ruta na senda que está sobre a praia de Areamorta en Redes. As vistas do porto, as cabrias, as rúas, ... espectaculares. O camiño discorre polos concellos de Ares, Fene e Cabanas, paralelo á costa. A praia de Río Sandeu indícanos que saímos de Ares e entramos en Fene. Deixaremos atrás as outras praias deste concello: Coído, Almieiras e río Castro para adentrarnos en Cabanas. Chegando á praia de Chamoso xa non sabemos dicir que rincón nos gustou máis, pois a beleza do percorrido impactounos. Chegamos as escaleiras da praia de Cabanas e iniciamos o camiño de volta con gañas de disfrutalo no outro sentido. Paraísos da ría de Ares ao lado da casa!