Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Augas Caídas

Miradoiro do Couce ou de Augas Caídas

Imaxe
En Mañón , a máis de 30m de altura sobre o río Sor , está este miradoiro do Couce ou de Augas Caídas , no lugar no que o rego Seixo verte nesta grande fervenza as súas augas ao río Sor , que baixa encaixonado na serra da Coriscada . É un miradoiro espectacular con área recreativa e pequeno refuxio; del baixa o desnivel ata o río Sor un estreito carreiro que nos leva ata a fervenza. Área recreativa moi especial si queremos relaxarnos neste entorno de fraga co sonido da auga acompañándonos ou para descansar despois de facer a ruta que chega ata aquí.

Fervenza de Augas Caídas

Imaxe
Achegarse no inverno, despois de días chuviosos, ata a fervenza de Augas Caídas en Mañón é perfecto. Deixamos o coche arriba, a carón do Miradoiro do Couce ou de Augas Caídas e seguimos a serpenteante baixada duns minutos ata o río Sor. Cunha caída de máis de 30m. o rego Seixo verte a súa auga ,na poza de Bimbes , ao río Sor que separa os concellos de Mañón e O Vicedo . Todo un espectáculo que merece a pena ser visitado en época de choivas!

Miradoiro de Augas Caídas

Imaxe
Un dos moitos espazos naturais que hai que visitar no concello de Mañón , é este miradoiro coa súa fervanza. Está ao carón do regato Seixo, no punto que cae máis de 30m. na poza dos Bimbes, formando a fermosa fervenza de Augas Caídas , para levar a súa auga ao río Sor . É unha das fervenzas máis altas de Galicia, e dende este miradoiro hai unha baixada para poder observala en todo o seu esplendor. Dende o miradoiro vemos coma o río baixa moi encaixonado entre os montes e fragas, facendo de límite entre os concellos de Mañón (A Coruña) e O Vicedo (Lugo). Na área de descanso ademais de aparcadoiro hai zona con mesas e refuxio para poder pasar un tempo relaxándonos cos sons da fraga e, sobre todo da auga.