Miradoiro do Couce ou de Augas Caídas
En Mañón, a máis de 30m de altura sobre o río Sor, está este miradoiro do Couce ou de Augas Caídas , no lugar no que o rego Seixo verte nesta grande fervenza as súas augas ao río Sor, que baixa encaixonado na serra da Coriscada.
É un miradoiro espectacular con área recreativa e pequeno refuxio; del baixa o desnivel ata o río Sor un estreito carreiro que nos leva ata a fervenza.
Área recreativa moi especial si queremos relaxarnos neste entorno de fraga co sonido da auga acompañándonos ou para descansar despois de facer a ruta que chega ata aquí.
Comentarios
Publicar un comentario