Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Terras Altas

Montes de Viveiró

Imaxe
Da mesma maneira que preciso achegarme á costa, preciso tamén de cando en vez ir á montaña, buscar alturas dende as que otear horizontes. A pouco máis de media hora en coche (dende a casa) está Viveiró , ese pequeno e fermoso lugar de Muras que merecería un proxecto de rehabilitación integral por parte das administracións. Antes de baixar á aldea a panorámica dos montes e vales, onde nace e discorre o Landro , é impactante. A impresión da primeira vez que estivemos aquí, repítese cada vez que vimos. A poucos kilómetros está o nacemento do Eume , en plena Serra do Xistral , onde se xuntan os regos Lamoso e das Toxeiras , na parroquia de Montouto en Abadín . Toda esta serra é de gran beleza e con bo tempo merece andainas polas diversas rutas que teñen marcadas os concellos que nela converxen. Moito que descubrir e admirar. Paraísos das Terras Altas da Serra do Xistral !

Miradoiro de Campelas de Auga

Imaxe
O miradoiro de Campelas de Auga ou de Ambosores , no concello de Muras , é un deses miradoiros impresionantes que temos na nosa terra. A unha altitude de máis de 600m ofrece unhas vistas espectaculares que non deixan a ninguén indiferente. As Terras Altas do norte de Galicia son unha fermosura! Paraísos.

De Leganitos a O Sisto

Imaxe
Outra ruta polas terras altas de Muras e Ourol. A Serra da Gañidoira forma parte das serras septentrionais de Galicia, localizada no concello de Muras, unida polo leste co monte Guriscado e limitada polo curso superior do Landro neste lado e polas abas do oeste polo río Sor. Pouco despois de pasar o porto da Gañidoira na estrada Muras-Viveiro, en Leganitos collemos unha desviación montaña arriba, que nos leva ao Sisto en Ourol. Antigas vías atravesan de sur a norte estes concellos montañosos de Muras e Ourol. Nestas vellas vías,acaso anteriores aos romanos, as cruces de pedra sorpréndennos nos lugares máis inesperados. No mesmo Leganitos podemos empezar coa chamada Cruz Antigua. Seguindo a ruta está a Cruz Vella de Piocorto e máis adiante a Cruz Nova de Piocorto. Seguindo a estrada chegamos a un lugar de impresionante beleza onde está a Cruz de Sebrán. Pouco máis adiante deixamos a estrada e collemos a pista que nos leva ao parque eólico na Serra de Sabucedo onde atoparemos a C...