De Leganitos a O Sisto

Outra ruta polas terras altas de Muras e Ourol. A Serra da Gañidoira forma parte das serras septentrionais de Galicia, localizada no concello de Muras, unida polo leste co monte Guriscado e limitada polo curso superior do Landro neste lado e polas abas do oeste polo río Sor. Pouco despois de pasar o porto da Gañidoira na estrada Muras-Viveiro, en Leganitos collemos unha desviación montaña arriba, que nos leva ao Sisto en Ourol.
Antigas vías atravesan de sur a norte estes concellos montañosos de Muras e Ourol. Nestas vellas vías,acaso anteriores aos romanos, as cruces de pedra sorpréndennos nos lugares máis inesperados. No mesmo Leganitos podemos empezar coa chamada Cruz Antigua. Seguindo a ruta está a Cruz Vella de Piocorto e máis adiante a Cruz Nova de Piocorto.
Seguindo a estrada chegamos a un lugar de impresionante beleza onde está a Cruz de Sebrán.
Pouco máis adiante deixamos a estrada e collemos a pista que nos leva ao parque eólico na Serra de Sabucedo onde atoparemos a Cruz de Amosa.
Aquí rematamos, pero poderiamos seguir porque hai moitas máis nos arredores. As cruces de pedra, estudiadas por primeira vez por Castelao, son na súa variedade de formas, orixes e calidades, unha das mostras e riquezas da nosa historia. Todas as que poboan os nosos camiños, montes, encrucilladas,...son un ben que debemos respectar, conservar e admirar.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Praia Pequena de Chanteiro

O mar de Loiba

Praia de Chanteiro

A Campa

Paseo pola praia

O bosque fósil de Seselle

Recunchos

Pola costa de Ares

A escola de Seselle

Área recreativa Muiño de Congostro