Praia Pequena de Chanteiro

Reconectar coa natureza é preciso se queremos ser máis felices, porque na conexión co entorno natural atoparemos beneficios para o corpo e a mente. O ser humano necesita desa conexión que podemos atopar en moitos lugares e de moitos xeitos.
Mirando no entorno máis próximo atoparemos miles de lugares nos que desconectar das rutinas. Un deses lugares marabillosos pode ser a praia Pequena de Chanteiro. Esta pequena cala, que con marea alta queda sen area, é un lugar máxico. Sentarse aquí un tempo, observar, sentir, emociónarse co entorno,...Calquera momento é bo, pola mañá cedo no entorno case deserto, ao solpor cando o sol pode ofrecernos ceos espectaculares, un día de temporal co mar rompendo nas rochas, ou nun serán solleiro de febreiro coma este. Escoitar o mar é un bálsamo para o espíritu. Próbao e disfruta!(Mirar o vídeo en pantalla completa e co son activado).

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Recunchos

O mar de Loiba

A Campa

Praia de Chanteiro

Pola costa de Ares

Sta. Catarina de Montefaro

A Redes por mar

A escola de Seselle