Por terras altas
Os concellos lugueses de Muras e Ourol son os que máis adoitamos visitar cando nos apetece montaña. Este percorrido de Viveiró ata Xerdiz , seguindo as terras polas que baixa o Landro , facémolo con bastante frecuencia, ben pola estrada CP-3804 ou pola CP-6502. As estradas son estreitas, pero case sen tráfico, e as paisaxes que nos rodean merecen a pena. Pequenas paradas permítennos observar con máis detalle as aldeas e rueiros polos que pasamos. Tesouros do norte de Galicia!