Sta. María de Xerdiz

A igrexa parroquial de Sta. María de Xerdiz, no concello de Ourol, xunto coa vella reitoral, o cruceiro, o campo da festa e o cemiterio indiano, forman o núcleo da parroquia. A igrexa do s.XVIII é de planta de cruz latina con tres naves e unha espadaña con dúas campás.
O cruceiro é do s. XIX e o coñecido como cemiterio indiano, porque 64 indianos de Cuba pagaron máis do 70 por cento do seu custo, foi construido no 1908.
A carón da igrexa, está a antiga reitoral en estado de abandono, pero mostrando aínda a súa beleza.
O campo da festa completa este conxunto parroquial, mudo testigo da vida dos habitantes desta parroquia.
Na calma que rodea este lugar parece que o tempo se detivo e que convida á reflexión.
No lugar menos pensado atopamos lugares que merecen atención. Paraísos!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Praia Pequena de Chanteiro

O mar de Loiba

Praia de Chanteiro

A Campa

Paseo pola praia

O bosque fósil de Seselle

Recunchos

Pola costa de Ares

A escola de Seselle

Área recreativa Muiño de Congostro