Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Xermade

Bordeando a Serra da Carba

Imaxe
Case despedindo o inverno nesta solleira tarde cun fermoso recorrido bordeando a Serra da Carba , por terras de Xermade , Vilalba e Muras . Imaxes bucólicas que transmiten serenidade e calma. Beleza en estado puro!

Escola habaneira de Roupar

Imaxe
A "Sociedad de Instrucción y Protección Hijos de Roupar" impulsaba no ano 1913 dende A Habana , coa colaboración dos veciños da parroquia, a creación dunha escola que se faría realidade no 1921 e pola que durante 60 anos pasaron numerosas xeracións de alumnos. No artigo 41 do Regulamento da Sociadade de Instrución, aprobado na Habana o 13 de xuño de 1913 indicábase: "As clases na escola que se construirá en Roupar serán diurnas e nocturnas..." "As materias que se impartirán: Lectura, Escritura, Gramática, Aritmética, Agricultura, Historia, Xeografía, Xeometría, Contabilidade mercantil, Labores Femininas, Correspondencia familiar e doutras ordes, así coma conferencias para adultos sobre Agricultura, Gandeiría, Avicultura, Apicultura, Código Civil,... Ata os anos 80, o fermoso edificio, funcionou coma escola para pasar a ser Centro Social que recolle múltiples actividades da veciñanza. Outro edificio da nosa terra que nos lembra a débeda que temos con esas x...

Miradoiro de Goía

Imaxe
O miradoiro do Castelo de Goía está en Lousada, no concello de Xermade, limitando con Muras. Este peñote natural, de lonxe, semella unha pirámide pétrea feita polo home. Coa súa altura de 876m é unha magnífica atalaia para observar as serras da Carba, O Xistral, os concellos de Muras e Xermade, e... moitos, moitos parques eólicos. Unhas escaleiras de madeira de máis de 100 chanzos lévannos ata o miradoiro. Escaleiras ao ceo!(mágoa que estea tan invadido de eólicos).