Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2023

Contrastes de decembro

Imaxe
 Hai unha semana, a praia de Estacas e a ría de Ares lucían este aspecto nunha tarde solleira.   O ritmo das ondas chegando á praia, o sol morno quentando o corpo, a luz do sol escintilando no mar,...  Onte, na praia de Chanteiro , o panorama era ben distinto. Un ceo toldado ameazaba chuvia e a forte marexada resultaba hipnótica coas súas ondas rompendo no areal e nas rochas.   Contrastes no paraíso!

Sta. María de Doroña

Imaxe
Nas comarcas marítimas do Golfo Ártabro hai unha gran densidade de igrexas románicas na súa orixe, con maior ou menor cantidade de elementos arquitectónicos engadidos posteriormente, que conforman unha ruta moi interesante para visitar. Un pouco apartada do Golfo Ártabro, pero merecendo estar na ruta, visitamos a igrexa de Sta. María de Doroña . Sta. María de Doroña , no concello de Vilarmaio r, é unha igrexa románica rural do ano 1163, aínda que se constrúe sobre outra anterior á que un documento datado no 953 menciona coma unha doación ao bispo S. Rosendo e aos monxes de Celanova. Presenta a acostumada orientación Leste-Oeste; ten unha soa nave rectangular e unha ábsida semicircular cun tramo recto. Os contrafortes marcan os tramos da nave e varias saeteiras ademais doutras ventás posteriores iluminan o interior. A ábsida baixo a cornisa ten fermosos caneciños e as metopas entre eles están decoradas con grandes flores. A parte norte da ábsida así coma dúas das tres saete

Serán de decembro en Coitelada

Imaxe
Nunha solleira tarde de decembro un paseo pola punta de Coitelada en Chanteiro é unha marabilla. Pola ruta 2 iremos costeando e disfrutando da costa de Ares . Dende a mesma punta subimos ata a batería costeira de Sudova e dende alí ata Campelo . Sobre Montefaro unha fermosa lúa recordábanos que o solpor en decembro chega pronto. Paraísos na casa!

De Salgueiras ao Segaño

Imaxe
Buscando o solpor, fomos ata a praia de Chanteiro , polo paseo do camiño de Salgueiras ata o Segaño . O noso concello ten moitos lugares para disfrutar de fermosos solpores e este é un deles. Nesta época do ano a praia xa está en sombra, pero a banda de Salgueiras recibe os últimos raios e o paseo resulta moi agradable. Hai varios bancos ao longo del para pararse a disfrutar da paisaxe co son do mar batendo na costa. O solpor de hoxe non foi dos mellores, pero resulta unha delicia de todos modos. Paraísos ao lado da casa!

Os asentos máis duros do mundo.

Imaxe
Un dos espazos de gran valor natural no Concello de Fene é o monte Marraxón , zona de montes comunais que chega a unha altura duns 354m no lugar coñecido coma O Couto do Rei . Aquí levan a cabo os veciños, coa colaboración do Concello, un proceso de recuperación e limpeza para preservar os ecosistemas ademais dos restos megalíticos existentes. Dende o cume do monte podemos observar unha das mellores vistas panorámicas da ría de Ferrol e do Golfo Ártabro e descansar nos chamados " Asentos máis duros do mundo" . Sentar neles despois da subida ao Couto , aínda que sexan duros, e disfrutar desta paisaxe agradécese. A carón dos asentos está a mámoa do Couto do Rei que é a de maior tamaño que podemos atopar entre o grupo de 19 mámoas esparexidas polo monte Marraxón e que datan do 5500 a.d.C. ( Mámoa: Sepulcro prehistórico da época megalítica formado por un dólmen cuberto por un montículo de terra ou pedras.) Tesouros moi preto da casa!

Ermida da Mercé de Chanteiro

Imaxe
A ermida da Mercé de Chanteiro formaba parte dun convento franciscano do s.XIII que estivo neste lugar ata que, no ano 1393 o arcebispo compostelán Juan García Manrique concede a Fernán Pérez de Andrade licenza para edificar o convento de Sta. Catarina de Montefaro para os mesmos monxes franciscanos aos que cederá a ermida e dispón que cinco destes frades sexan os encargados de atendela. A ermida pertence ao románico tardío con elementos oxivais coma a bóveda cruzada, os arcos apuntados da nave e o da entrada a ábsida rectangular; outros elementos son románicos coma os capiteis das semicolumnas. A súa única nave está dividida en tres tramos cotrarrestados no exterior por contrafortes . A fachada refíxose séculos despois e conserva o dintel da porta primitiva, dous contrafortes e unha imposta baixo a que hai tres ganchos pétreos. As catro figuras da portada, baixo o arco lixeiramente apuntado, están moi erosionadas e tres delas teñen as cabezas de cemento despois de sufrir un