Ermida da Mercé de Chanteiro

A ermida da Mercé de Chanteiro formaba parte dun convento franciscano do s.XIII que estivo neste lugar ata que, no ano 1393 o arcebispo compostelán Juan García Manrique concede a Fernán Pérez de Andrade licenza para edificar o convento de Sta. Catarina de Montefaro para os mesmos monxes franciscanos aos que cederá a ermida e dispón que cinco destes frades sexan os encargados de atendela.
A ermida pertence ao románico tardío con elementos oxivais coma a bóveda cruzada, os arcos apuntados da nave e o da entrada a ábsida rectangular; outros elementos son románicos coma os capiteis das semicolumnas. A súa única nave está dividida en tres tramos cotrarrestados no exterior por contrafortes.
A fachada refíxose séculos despois e conserva o dintel da porta primitiva, dous contrafortes e unha imposta baixo a que hai tres ganchos pétreos. As catro figuras da portada, baixo o arco lixeiramente apuntado, están moi erosionadas e tres delas teñen as cabezas de cemento despois de sufrir un acto vandálico nos anos 20 do século pasado. A espadana é barroca. No mes de xuño do 1933 a ermida sufriu un incendio e pasaron dez anos ata a nova apertura. Neste incendio perdéronse os retablos barrocos.
Nesta ermida celébrase cada ano a popular romería do Voto de Chanteiro que ten a súa orixe no s.XV cando unha epidemia asolaba Ferrolterra e Ares, Mugardos, A Graña e Ferrol ofrecéronse á Virxe da Mercé. Coma a epidemia remitiu o Voto quedou instaurado.
Nas inmediacións está a chamada fonte da Virxe na que según a lenda uns mariñeiros atoparon a imaxe da Virxe da Mercé.
(Tal día coma hoxe de hai 45 anos, ás 5 da tarde, o meu home e mais eu casamos nesta ermida. Estamos de aniversario)

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O mar de Loiba

Praia Pequena de Chanteiro

Praia de Chanteiro

A Campa

Recunchos

Praia do Raso

Pola costa de Ares

Miradoiro de Augas Caídas

Dende o parque do Petelo

A Redes por mar