Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Arquitectura indiana

Arquitectura popular

Imaxe
Cando a beleza da arquitectura popular , no marco incomparable desta atalaia do esteiro do río Eume na ría de Ares , fai obrigatoria unha paradiña para a contemplación. Subindo a Breamo , en Pontedeume , atopamos estas dúas casas separadas por un camiño que baixa ata a vila. Unha indiana e a outra unha antiga casa de labranza restaurada. Xoias da arquitectura da nosa contorna!

A escola de Seselle

Imaxe
En Galicia temos moi claro o importante papel que desempeñou a emigración no ámbito educativo e a contribución fundamental deste numeroso colectivo na creación da primeira rede escolar na nosa terra. No noso pequeno concello de Ares temos catro fermosos exemplos destas escolas : a Alianza Aresana de Instrucción fundada na Habana en 1904 e que inaugura a escola das Alianzas en Ares en 1908; a Agrupación Instructiva de Caamouco , fundada tamén na Habana no 1911 e que inaugura a escola da Tenencia no 1915; o Centro Instructivo, Recreativo e Social de Cervás na Habana e Estados Unidos que inaugura a súa escola no 1925 e por último, a Escola de Seselle , construida coa iniciativa privada dun único emigrante, Gaspar Vizoso Cartelle , e inaugurada no 1931. En Seselle ata o 1931, non houbo escola e a rapazada tiña que ir a Ares; posteriormente na casa dos Duráns, no Froés, deuse escola durante uns anos. A foto desa casa dos Duráns é posterior, da década dos 60, xa en moi mal estado....