Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Merendeiros

Adeus verán!

Imaxe
Nestes días de finais do verán, as lagarteiras deixan unhas mareas vivas impresionantes en toda a costa. Os bañistas aproveitan o bo tempo destes días de setembro e seguen disfrutando das praias, coma nesta de Chanteiro . Na nosa camiñata habitual pola costa norte de Ares parece apreciarse unha nova luz e un aroma que fala de outono. No pequeno descanso no merendeiro de Xunconovo , é raro non ver movemento de embarcacións, entrando ou saíndo da ría de Ferrol . Outono no aire!

Ponte Segade

Imaxe
A área recreativa de Ponte Segade , no concello de Mañón á beira do río Sor , é un deses lugares máxicos que un atopa en Galicia . Neste lugar , o río separa os concellos de Mañón (A Coruña) e O Vicedo (Lugo), e a ponte une ambas marxes deste bosque de ribeira espléndido. Unha explosión de sensacións enchen os nosos sentidos neste lugar: o verde é a cor predominante que percibe a nosa vista , cunha ampla gama de matices; o son da auga e os chíos dos paxaros, a música que inunda o noso oído; a airexa mece as árbores e acariña a nosa pel; o aroma a terra umbría, a musgo, enche o noso olfacto. Dende aquí, parten rutas á beira do Sor , tanto río arriba, coma río abaixo. A área recreativa conta cun gran merendeiro, barbacoas, parque infantil, etc. que atraen moitos visitantes en época estival. O concello de Mañón ten moitos paraísos que descubrir.