Ponte Segade

A área recreativa de Ponte Segade, no concello de Mañón á beira do río Sor, é un deses lugares máxicos que un atopa en Galicia. Neste lugar , o río separa os concellos de Mañón (A Coruña) e O Vicedo (Lugo), e a ponte une ambas marxes deste bosque de ribeira espléndido.
Unha explosión de sensacións enchen os nosos sentidos neste lugar: o verde é a cor predominante que percibe a nosa vista , cunha ampla gama de matices; o son da auga e os chíos dos paxaros, a música que inunda o noso oído; a airexa mece as árbores e acariña a nosa pel; o aroma a terra umbría, a musgo, enche o noso olfacto. Dende aquí, parten rutas á beira do Sor, tanto río arriba, coma río abaixo.
A área recreativa conta cun gran merendeiro, barbacoas, parque infantil, etc. que atraen moitos visitantes en época estival.
O concello de Mañón ten moitos paraísos que descubrir.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O mar de Loiba

Praia Pequena de Chanteiro

Praia de Chanteiro

A Campa

Recunchos

Praia do Raso

Pola costa de Ares

Miradoiro de Augas Caídas

Dende o parque do Petelo

A Redes por mar