Aldea das Formigas
Na parroquia de S. Clodio , en Outeiro de Rei moi pretiño da cidade de Lugo , atopamos este singular recorrido circular pola Aldea das Formigas . Nunha ampla extensión de terreo, o seu creador Xosé Rodríguez argallou con materiais de refugallo este mundo de fantasía que busca contaxiar o espíritu da vida na aldea. Facer este percorrido, dunha hora aproximadamente, sorprenderanos polas creacións tanto de figuras de animais coma de construcións. Moita creatividade! Moi recomendable para ir con peques.