Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Paseos

Refuxio do Cascón

Imaxe
Á beira do río Sor , no concello de Mañón , está este refuxio do Cascón . Para os afeccionados ao sendeirismo, pode ser punto de partida ou de paso das rutas que hai no concello. Tamén en días de calor abafante pode ser un refuxio climático para pasar o día disfrutando da sombra e do fermoso entorno.

Paseo dos Soños

Imaxe
Os paseos e sendas fluviais son moi abundantes na nosa terra, e aínda que sexan diferentes pola lonxitude, conservación, etc., a maioría son moi fermosos e resulta un pracer camiñalos. Con estes días de verán de moita calor, pasear á beira dun río é marabilloso. O Paseo dos Soños en Vilalba , a carón do río Madalena , comeza no Muiño do Rañego e discorre á beira do río ata a Ponte dos Freire . A Irmandade Manuel María e a Asociación C. Xermolos iniciaron no 2006 unha homenaxe a varios autores destacados da bisbarra, cunha serie de esculturas colocadas ao longo do paseo. Que gra riqueza temos nos nosos ríos. Que importante é coidalos!

Terras altas de Muras

Imaxe
Moi preto da casa, a pouco máis de media hora, temos moitas opcións de recorridos por terras altas: Ortigueira, Mañón, Ourol, Muras, etc. Neste caso, un paseo polas montañas de Muras . Fermosura de horizontes!

En Punta Penencia

Imaxe
Achegarse a Punta Penencia en Doniños para contemplar o Atlántico en todo o seu esplendor, nun día de moito mar de fondo, resulta moi tentador non pasar horas mirando para el. Co forte vento a sensación térmica era de friaxe e conformámonos coa contemplación dende o coche. O paseo pola praia queda para outro día. Doniños espectacular!

Bordeando a Serra da Carba

Imaxe
Case despedindo o inverno nesta solleira tarde cun fermoso recorrido bordeando a Serra da Carba , por terras de Xermade , Vilalba e Muras . Imaxes bucólicas que transmiten serenidade e calma. Beleza en estado puro!

En Covas - Ferrol

Imaxe
A parroquia de Covas, en Ferrol , ten tantos atractivos que resulta moi longo enumeralos: o cabo Prior co seu faro e os restos das baterías costeiras , unha longa lista de fermosas praias e calas , rutas para camiñar, etc. Aproveitando un dos días que quedan de inverno achegámonos ata Covas para empaparnos coas súas paisaxes.