Paseo dos Soños
Os paseos e sendas fluviais son moi abundantes na nosa terra, e aínda que sexan diferentes pola lonxitude, conservación, etc., a maioría son moi fermosos e resulta un pracer camiñalos.
Con estes días de verán de moita calor, pasear á beira dun río é marabilloso.
O Paseo dos Soños en Vilalba, a carón do río Madalena, comeza no Muiño do Rañego e discorre á beira do río ata a Ponte dos Freire. A Irmandade Manuel María e a Asociación C. Xermolos iniciaron no 2006 unha homenaxe a varios autores destacados da bisbarra, cunha serie de esculturas colocadas ao longo do paseo.
Que gra riqueza temos nos nosos ríos. Que importante é coidalos!


















Comentarios
Publicar un comentario