Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Patrimonio inmaterial

Noite de S. Xoán

Imaxe
A noite de S. Xoán , en Galicia é unha noite máxica , chea de tradicións que perduran no tempo: as fogueiras do lume novo que enchen as vilas e aldeas e que hai que saltar un número impar de veces para que sexan purificadores os seus poderes, os ramos de flores que se colgan no exterior das casas para protexelas das meigas que esta noite están especialmente tolas, a auga purificadora que se prepara coas sete herbas (variables según os lugares) para lavarse ao mencer, as ceas comunitarias arredor das fogueiras con sardiñas asadas, cachelos, pan de millo, a festa e a troula desta noite, ... Fermosas tradicións que forman parte do patrimonio inmaterial de Galicia que conservamos con orgullo e festexamos ano tras ano. As fogueiras, se hai unha praia cerca adoitan facerse nela, pero poden facerse noutros lugares: na horta, nun solar, nunha eira, nun camiño pouco transitado,...

As tres virxes irmás da Faladora

Imaxe
O Camiño dos Arrieiros é unha vía de comunicación moi antiga entre as bisbarras do Eume e Ortegal . Ao longo dos seus case 50km. hai unha das maiores concentracións de túmulos prehistóricos da península e asentamentos da Idade de Ferro, tardo-romana e medieval; asociados a eles, o número de lendas é ben grande. Unha desas lendas é a das Virxes irmás da Faladora . A Pena Faladora dá nome á Serra Faladoira que vai dende As Pontes ata Estaca de Bares . Arredor desta pena hai tres capelas, perdidas entre montes e vales, unidas por esta lenda das tres virxes irmás: a da Virxe de Portas nos Devesos (Ortigueira) , e as de Pena de Francia e Merlán , ambas no Freixo (As Pontes) . Según a lenda, eran tres mozas castigadas polo seu pai a vivir cada unha na súa capela sen poder verse coas outras; outra variante di que eran tres vellas que non se podían ver do mal que se levaban, e cada unha foi á súa capela para non mirarse máis e como as capelas están en zonas rodeadas de altos cumes, era i...