Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Golfo Ártabro.

De Cariño a S. Cristovo

Imaxe
A costa ártabra está tan colmada de fermosos recunchos que sempre atoparemos sendas, camiños, carreiros,...para percorrer e disfrutar dese océano que divisamos dende ela. Este pequeno paseo no concello de Ferrol , dende Cariño ata S.Cristovo , permítenos observar a entrada da ría de Ferrol dende a banda norte, a Punta do Segaño e Montefaro na banda sur, no concello de Ares . Os restos do pequeno castelo de S. Cristovo ( nun estado de total abandono) e o pequeno faro que está o seu carón son testigos do balbordo que este océano produce en días de temporal; así a todo hoxe móstranos a súa mellor faciana e resulta imposible non achegarse ata el. Seguimos a senda que bordea a ribeira ata preto da batería de S. Carlos e damos volta.

Disfrutando da praia

Imaxe
Nestes días de calor abafante, sufrindo outra onda de calor, vivir en Ares , con todas as súas praias e calas é unha sorte. Disfrutar, por exemplo, dunhas horas pola mañá na praia de Chanteiro non ten prezo. Vivimos no paraíso!

A Campa

Imaxe
A praia de Seselle ou da Campa , hai anos estaba ben separada da praia do Raso e da praia das Regueiras ; esta, á sua vez, tamén estaba ben separada da praia do Xuncal en Ares , aínda que con marea baixa pasábase dunha á outra a pé ou con carros que viñan buscar area a Seselle para a construcción. As rodeiras que estes carros marcaron nesas rochas así o atestiguan. As puntas de terra que penetraban no mar separando estas praias foron erosionándose ata case desaparecer. Na actualidade a enseada de Ares , practicamente é esa fermosa cuncha que vemos nas tomas aéreas. Calquera delas é unha boa elección. Paraísos!