De Cariño a S. Cristovo
A costa ártabra está tan colmada de fermosos recunchos que sempre atoparemos sendas, camiños, carreiros,...para percorrer e disfrutar dese océano que divisamos dende ela.
Este pequeno paseo no concello de Ferrol, dende Cariño ata S.Cristovo, permítenos observar a entrada da ría de Ferrol dende a banda norte, a Punta do Segaño e Montefaro na banda sur, no concello de Ares.
Os restos do pequeno castelo de S. Cristovo ( nun estado de total abandono) e o pequeno faro que está o seu carón son testigos do balbordo que este océano produce en días de temporal; así a todo hoxe móstranos a súa mellor faciana e resulta imposible non achegarse ata el.
Seguimos a senda que bordea a ribeira ata preto da batería de S. Carlos e damos volta.
Comentarios
Publicar un comentario