Penas de Rodas
A poucos km. da cidade de Lugo, en Outeiro de Rei, está este conxunto megalítico de Penas de Rodas , rodeado de petróglifos, mámoas, castros, xacementos romanos, etc.
Hai algunhas teorías que o vinculan a un lugar sagrado e de culto na antigüidade; outras relacionáno coa astronomía indicando que podería ser un dos primeiros calendarios solares e que os dous grandes rodos simbolizarían a Terra e o Sol; para outros non é máis ca unha formación natural, pero tan rodeada de lendas, que a convertirían nun lugar máxico.
O lugar ten unha ampla área recreativa con mesas, bancos, fontes, á sombra das árbores e repartidos entre os penedos; incluso hai un gran palco para a romaría anual que celebran os veciños en verán.
Un lugar tan impresionante que merece unha visita. Paraísos!
Comentarios
Publicar un comentario