Sta. María de Doroña

Nas comarcas marítimas do Golfo Ártabro hai unha gran densidade de igrexas románicas na súa orixe, con maior ou menor cantidade de elementos arquitectónicos engadidos posteriormente, que conforman unha ruta moi interesante para visitar. Un pouco apartada do Golfo Ártabro, pero merecendo estar na ruta, visitamos a igrexa de Sta. María de Doroña.
Sta. María de Doroña, no concello de Vilarmaior, é unha igrexa románica rural do ano 1163, aínda que se constrúe sobre outra anterior á que un documento datado no 953 menciona coma unha doación ao bispo S. Rosendo e aos monxes de Celanova.
Presenta a acostumada orientación Leste-Oeste; ten unha soa nave rectangular e unha ábsida semicircular cun tramo recto. Os contrafortes marcan os tramos da nave e varias saeteiras ademais doutras ventás posteriores iluminan o interior.
A ábsida baixo a cornisa ten fermosos caneciños e as metopas entre eles están decoradas con grandes flores. A parte norte da ábsida así coma dúas das tres saeteiras foron alteradas ao construir a sacristía tempo despois. As dúas portas laterais da nave están entre contrafortes e a da cara norte está tapiada e ten un tímpano semicircular.

A porta do lateral sur ten outro tímpano igual sobre un dintel. Os canecños deste lateral non se conservan todos xa que a construción da espadana barroca do campanario fíxoos desparecer.

 


A portada principal ten unha arquivolta semicircular. Chaman a atención o Agnus Dei representado no tímpano, similar ao de S. Xoán de Caaveiro, e os dous capiteis de decoración diferente. O pórtico que protexe esta portada, xunto á espadana e a sacristía , son elementos engadidos posteriormente.

No amplo e fermoso adro que rodea a igrexa hai un fermoso cruceiro e unha gran acacia negra (Acacia Melanoxylon) rodeada dun gran banco circular que convida a sentarse un rato.

 

Dende a esplanada-aparcadoiro podemos contemplar o gran  val de Doroña.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O mar de Loiba

Praia Pequena de Chanteiro

Praia de Chanteiro

A Campa

Recunchos

Praia do Raso

Pola costa de Ares

Miradoiro de Augas Caídas

Dende o parque do Petelo

A Redes por mar