Montes de Viveiró

Da mesma maneira que preciso achegarme á costa, preciso tamén de cando en vez ir á montaña, buscar alturas dende as que otear horizontes. A pouco máis de media hora en coche (dende a casa) está Viveiró, ese pequeno e fermoso lugar de Muras que merecería un proxecto de rehabilitación integral por parte das administracións. Antes de baixar á aldea a panorámica dos montes e vales, onde nace e discorre o Landro, é impactante. A impresión da primeira vez que estivemos aquí, repítese cada vez que vimos. A poucos kilómetros está o nacemento do Eume, en plena Serra do Xistral, onde se xuntan os regos Lamoso e das Toxeiras, na parroquia de Montouto en Abadín. Toda esta serra é de gran beleza e con bo tempo merece andainas polas diversas rutas que teñen marcadas os concellos que nela converxen. Moito que descubrir e admirar. Paraísos das Terras Altas da Serra do Xistral!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Recunchos

O mar de Loiba

Praia Pequena de Chanteiro

A Campa

Praia de Chanteiro

Pola costa de Ares

Sta. Catarina de Montefaro

A Redes por mar

A escola de Seselle