A Redes por mar
Unha das xoias do concello de Ares, sen dúbida, é o pobo de Redes. A fermosa vila mariñeira é un dos atractivos do norte de Galicia. Pasear polas súas rúas admirando a súa arquitectura indiana e mariñeira, baixar á súa praia ou á ribeira, achegarse ata a punta do castelo, perderse nos seus calexóns ou corredoiras, sentarse nas súas prazas, no peirao, escaleiras... e mergullarse na vida deste pobo é toda unha experiencia.
Pero aquí fago outra proposta. Achegarse a Redes por mar, dende o porto de Ares, para ter outra perspectiva da vila.
Pasar polas praias de Seselle e do Raso, ver de preto as illas do Mourón e A Cercada, as pequenas calas, a praia de Sabadelle, as puntas de Agra e Modias, os muros do Castelo e a franxa marítima de Redes en todo o seu esplendor.
No verán, sobre todo en días festivos, a ría está moi concurrida e se nos achegamos a algunha das praias ou calas sorprenderanos a cantidade de embarcacións e de persoas que disfrutan deste entorno paradisíaco.
Comentarios
Publicar un comentario