Ermida de S. Bartolomeu

A ermida de S. Bartolomeu, na parroquia de Queixeiro en Monfero,en plenas Fragas do Eume, é unha desas pequenas xoias de arquitectura popular ou relixiosa que atopamos espalladas por todo o país. Situada no lugar de A Torre, ten a súa orixe no s.XV e ata ben pouco estaba en estado ruinoso. Grazas ao traballo dos veciños, no 2021 restaurouse e agora , dentro da súa humildade, loce esplendorosa. A visita pode completarse cunha das numerosas rutas das Fragas, a Senda da Pasada Vella, que nos levará ata o encoro do Eume. Paraísos!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Praia Pequena de Chanteiro

O mar de Loiba

A Campa

Praia de Chanteiro

Paseo pola praia

Pola costa de Ares

O bosque fósil de Seselle

Recunchos

A escola de Seselle

Praia do Raso