Horizontes montañosos
Vivir nun paraíso á beira do mar, cheo de paisaxes costeiras que quitan o sentido, non implica que, de cando en vez, sintamos necesidade de montaña, paisaxes con montes e profundos vales, ríos atravesando mestas fragas, estradas e pistas en zig-zag que nos levan a recunchos onde parece que se parou o tempo,...
Cando ocorre isto, collemos o coche e subimos ata a Serra da Faladoira nos concellos de As Pontes, As Somozas, Mañón, Cerdido, ou un pouco máis lonxe na Gañidoira, polos concellos de Muras, Ourol,...
Nunhas horas, empapámonos de montes e vales, fragas e rueiros illados e, na maioría dos casos, abandonados, vistas espectaculares, calma e silencio,...
Paraísos para descubrir!
Comentarios
Publicar un comentario