Seselle e O Raso
Saír navegar, pola ría de Ares, con este tempo case veraniego nesta primavera cambiante, é un bo plan. Aínda que sexa un paseo curto, podemos sentir o vento, o son da embarcación ao surcar a auga, mirar as praias de Seselle e O Raso dende o mar e facerlles un montón de fotos, observar á xente disfrutando deste entorno, notar o calor do sol na pel...Pequenas cousas que proporcionan grandes momentos.
Comentarios
Publicar un comentario