A Praia Pequena en xaneiro

Cunha sucesión de borrascas afectando a todo o país, e a borrasca Juan traendo moita chuvia e neve, estas imaxes do paseo do serán de onte atestiguan que non é preciso buscar destinos paradisíacos noutros lugares afastados. O paraíso está aquí, na casa.
Despois do paseo ata O Segaño polo camiño de Salgueiras, baixar ata a cala da Praia Pequena de Chanteiro coa marea baixa é o colofón desta tarde de xaneiro. O mar acariciando a area, o sol xogando coas nubes e quentando o ambiente, as rochas do cantil figurando esculturas pétreas, a ausencia de ruidos, un pescador alá ao lonxe,...PAZ! Ares é un paraíso!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Praia Pequena de Chanteiro

O mar de Loiba

A Campa

Praia de Chanteiro

Paseo pola praia

Pola costa de Ares

O bosque fósil de Seselle

Recunchos

A escola de Seselle

Praia do Raso